Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
23.08.2017 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Noticias

Sanxenxo homenaxeará a Carlos Casares coa lectura dunha selección de textos seus

15.05.2017

A Praza Pascual Veiga será o centro das actividades culturais da xornada do 17 de maio en Sanxenxo.

A Concellería de Cultura ten deseñado para esta xornada adicada a Carlos Casares, homenaxeado nesta edición do Días as Letras Galegas, un amplo programa no que conta tamén coa complicidade de varias asociacións locais.

Así, Andarela poñerá en marcha “Espertar en galego”, unha iniciativa que permitirá que todo o municipio amenza con frases e palabras propias da lingua galega e pouco utilizadas habitualmente. Trátase de dar a coñecer a riqueza semántica da lingua galega e compartir xiros lingüísticos propios do noso idioa.

Ás 12 horas, e baixo o título xenérico de “Casares e Cantares”, dará comezo unha lectura pública de textos do escritor a quen este ano se dedican as Letras Galegas. Será o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, quen abra este turno de lectura no que participarán varios membros do Goberno local e no que están convidados a participar todos os integrantes da Corporación e veciños en xeral.

A concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, será a encargada de presentar estes actos matinais, e trala lectura pública dará paso á actuación do grupo Onte e Hoxe, con música e letras en galego.

A actividade continuará coa entrega de premios do certame literario Picariños organizado polo Círculo Cultural de Sanxenxo.

A Banda de Música de Sanxenxo porá o broche de ouro á programación matinal coa interpretación do Himno Galego.

Xa pola tarde, ás 18 horas, terá lugar o Festival Letras Galegas de Noalla, nas Canteiras, organizado polo Coro Parroquial de Noalla. E ás 18.30 horas, na Praza Pública de Vilalonga, terá lugar o Serán das Letras Os Cruceiros.

 

 


Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22 Política de Cookies