Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
22.01.2018 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Noticias

O venres rematou o taller de robótica

31.12.2017

O pasado venres rematou o taller de robótica “Nadal robótico”. Durante tres días os rapaces e rapazas traballaron...

con robots Makeblock Ranger. Así pois, programaron unha tarxeta de felicitación de Nadal interactiva, probaron os diferentes sensores do Ranger e programaron un repartidor de regalos para axudar a Papa Noel nestas datas.

Este taller foi levado a cabo por SalnésCampus, laboratorio tecnolóxico aberto formado por mestres, enxeñeiros e outros profesionais.

 

A  próxima semana será a quenda dos mais pequenos. Os días 2, 3 e 4 cun horario de 10:30 a 13:30, 12 cativos de entre 1º e 6º de primaria poderán aprender cos robots Makeblock mBot.

Terán o complexo obxectivo de publicar unha felicitación animada de Nadal e programar un belén robótico, onde deberán de levar a cabo unha competición de velocidade entre os camelos robóticos dos Reis Magos, asegurarse que a Estrela chegue ó portal de Belén e programar os pastores robóticos para que canten panxoliñas.

 

 

Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22 Política de Cookies