Concello de Sanxenxo - A XXXI CARREIRA ESCOLAR DO SALNÉS REÚNE EN SANXENXO A UN TOTAL DE 1.061 ESCOLARES DA COMARCA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita deportiva organizada polo Colexio Plurilingüe Abrente terá este ano como novidade un carácter solidario

Sanxenxo, 8 de maio de 2024.- A XXXI Carreira Escolar do Salnés, organizada polo Colexio Plurilingüe Abrente, reunirá este venres 10 de maio en Sanxenxo a un total de 1.061 escolares da comarca de ata 16 centros educativos diferentes. O Concello de Sanxenxo colaborará coa cita cun amplo dispositivo de seguridade formado por Policía Local e Emerxencias de Sanxenxo.

A cita que cumpre a súa trixésima primeira edición terá como novidade o seu carácter solidario. Os participantes deberán achegar 1 euro que se destinará á Aladina Fundación, unha entidade española que ten como obxectivo axudar a nenos e adolescentes enfermos de cancro e ás súas familias.

O tráfico permanecerá restrinxido na estrada provincial na saída de Adina, EP 9206, ata a confluencia coa PO-308 Estrada da Lanzada desde as 11 ata as 13 horas.

0
0
0
s2sdefault