Concello de Sanxenxo - A AECC DE SANXENXO ORGANIZA ESTE DOMINGO UNHA RUTA SOLIDARIA POLO RÍO PINTILLÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



As inscricións poderán realizarse o mesmo día ou a través da plataforma www.rockthsport.com

Sanxenxo, 9 de maio de 2024.- A Asociación Española Contra o Cancro de Sanxenxo organiza este domingo, 12 de maio, unha nova ruta solidaria polo río Pintillón en Dorrón. Os participantes poderán inscribirse o propio día ou realizar a inscrición na plataforma www.rockthsport.com e achegar un donativo de 5 euros. A organización dará a cada participante un dorsal e avituallamiento para realizar o percorrido que partirá ás 10:30 horas. O punto de saída será o inicio da ruta por Areas, alí situarase a carpa de inscricións.

Os donativos recadados destinaranse a actividades da AECC e á loita contra o cancro. Desde a organización, animan a participar nunha actividade saudable e a colaborar cunha boa causa.

0
0
0
s2sdefault