Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
24.02.2018 Galego  |  Español  |  English  |  Français  |  Deutsch
atrás

Noticias

Jan Cober impartirá un curso de dirección en Sanxenxo

05.02.2018

O mestre holandés Jan Cober visitará Sanxenxo o 9,10 e 11 de Febreiro, para estar coa Banda de Música de Sanxenxo.

O mestre Jan Cober é unha figura esencial para comprender a evolución musical das bandas de música en Europa nos últimos 40 anos. Director convidado polas mellores bandas do continente, é responsable de innumerables gravacións. E protagonista dunha extensa lista de premios e recoñecementos.

Natural de Thorn, unha pequena vila holandesa, foi solista de clarinete de diferentes formacións orquestrais no seu país natal, ata que comezou a súa brillante carreira como director. Na actualidade é profesor de dirección de orquestra e banda no Conservatorio Superior de Maastricht, actividade que combina coa dirección de diferentes formacións.

Dentro das actividades organizadas pola UNED, a través da Escola Galega de Dirección de Banda, o mestre holandés visitará a vila de Sanxenxo, xa que a Banda do noso municipio foi a escollida pola organización para participar neste 3º encontro.

Así pois, 10 directores chegados de diferentes lugares de Galicia e Portugal, traballarán da man de Jan Cober e de Toni Cantal. Este último será o responsable da parte auditiva e de análise das partituras.

A banda de Sanxenxo ven de gañar o Certame Galego de Bandas, celebrado en Santiago de Compostela o pasado mes de novembro, e está a realizar unha intensa actividade musical.

 

 

 

Concello de Sanxenxo © 2017  Concello de Sanxenxo
C/ Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo -- Tlf: 986 72 00 75 - Fax: 986 72 10 22 Política de Cookies