23.03.2012 - 30.09.2012
Saídas de fin de semana, dende abril ata setembro de 2012
CONVOCA:
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA.
CONTIDO:
PROGRAMA ROTEIROS PARA A XUVENTUDE.
Ofrece 3.782 prazas en dezaseis instalacións de distintos lugares de Galicia, nos que se gozará da paisaxe e do contacto coa natureza, participando en actividades náuticas, multiaventura e de coñecemento do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.
REQUISITOS:
Mozos e mozas, de 18 a 35 anos. Nalgunhas actividades esíxese saber nadar e non ter vertixe.
DATAS E HORARIOS:
Dende abril ata setembro de 2012, de venres a domingo pola tarde.
INSTALACIÓNS:
Centro Nalú-Carnota, Aeródromo da Fervenza-Mazaricos, Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo, Complexo Xuvenil LUG2-Lugo, Campamento Xuvenil da Devesa-Ribadeo, Albergue Xuvenil Benigno Quiroga-Portomarín, Albergue de Quiroga-Quiroga, Albergue Xuvenil dos Biocos-San Xoán de Río, Centro de Educación Ambiental As Corcerizas-Vilar de Barrio, Albergue Xuvenil As Sinas-Vilanova de Arousa, Illa de San Simón-Ría de Vigo, Camping Fieitás-O Grove, Lugar do Devas-Covelo, Albergue Xuvenil Pontemaril-Forcarei, Albergue de Sabucedo-A Estrada e Albergue Xuvenil de Mouriscade-Lalín. O desprazamento, dende o domicilio ata o lugar correspondente, será por conta do/a interesado/a.
CUSTO:
Entre 70 e 110 Euros, que inclúen o aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte no ámbito da actividade, programa de actividades con monitores/guía e material para o seu desenvolvemento. As persoas posuidoras do Carné Xove beneficiaranse dun 20% de desconto sobre os prezos establecidos.
RESERVA DE PRAZA:
A partir do 20 de marzo de 2012, chamando aos teléfonos 981 545 937 - 981 545 702 - 981 545 822 - 981 541 689, de luns a venres, de 9 a 14 horas, ata cubrir as prazas ofertadas.
DOCUMENTACIÓN:
Enviarase ao correo-e roteiros.ctb@xunta.es da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia:
INFORMA:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n- 3º andar (15781) SANTIAGO DE COMPOSTELA.