Concello de Sanxenxo - ESTEBAN BATALLÁN, SOLISTA DA CHICAGO SYMPHONY ORCHESTRA, OFRECERÁ UNHA MASTERCLASS DE TROMPETA EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

News

O prestixioso trompetista pontevedrés e actualmente solista da Chicago Simphony Orchestra, Esteban Batallán, ofrecerá os días 3, 4 e 5 de setembro unha masterclass no Pazo Emilia Pardo Bazán na que se abordarán técnicas de trompeta, o repertorio orquestral e a preparación de probas. Ademais, se realizará un conxunto de trompetas que culminará cun concerto como colofón á masterclass. A formación realizarase cumplindo tódolos protocolos marcados para a prevención do Covid-19.

A presentación terá lugar o 3 de setembro, ás 10 horas, e as clases se desenvolverán de 10:30 a 13:30 horas e de 16 a 21 horas. O concerto de clausura será ás 21 horas. Os interesados en incribirse deberán facelo a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. Os prezos variarán, dende 50 a 120 euros, segundo o nivel do alumno, o tempo da clase ou se se quere asistir como ointe. Os alumnos da Escola Municipal de Sanxenxo terán un desconto do 50% por alumno.

O director da Escola de Música Municipal de Sanxenxo, Benjamin Dorado, considera que se trata dunha “gran oprotunidade” contar cun músico do talento e nivel artístico como o trompetista Esteban Batallán.“Cremos que é un privilexio poder escoitar e aprender dun dos máximos referentes do mundo na actualidade. Falamos do trompeta solista dunha das mellores orquestas sinfónicas, como é a Chicago Symphony Orchestra. Ademáis, e mestre no Chicago College of Perfoming Arts de Roosevelt University donde desempeña a súa labor como docente”, apunta.

WhatsApp Image 2020 08 17 at 13.17.12

WhatsApp Image 2020 08 17 at 13.17.11

0
0
0
s2sdefault