Concello de Sanxenxo - Mulleres en acción. Violencia zero
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Agenda

Mulleres en acción. Violencia zero é un proxecto de acción artística que se desenvolve, desde o ano 2015, no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.

As actividades funcionan como arma de visibilización e reflexión para promover unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.

Cartel Sanxenxo psd