Concello de Sanxenxo - ESTA MAÑÁ DEU COMEZO A EXPERIENCIA 21 DÍAS CO GALEGO E + NO IES VILALONGA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Esta mañá, a concelleira de urbanismo, Flavia Besada participou lo comezo da experiencia 21 Días co galego e + que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

21 Días co galego e + é un programa educativo que ten dous obxectivos ambiciosos no plano lingüístico:

 

    • Dunha banda, procura o aumento de uso do galego como lingua de comunicación habitual tanto no tempo como nos ámbitos nos que se utiliza.

    • Doutra banda, é unha experiencia de reflexión individual sobre a relación singular que cada participante ten coas linguas que coñece.

 

Durante estas tres semanas desenvolveranse actividades colectivas tanto dentro como fóra das aulas de Lingua galega. Haberá un photocall, realizaranse fotografías e vídeos de difusión pública e tentaremos facer destes días de compromiso unha festa da nosa lingua.

 


Para achegarse ao contexto da vida familiar, este ano, ademais de incorporar ao proxecto actividades pensadas para ser realizadas en familia as fins de semana, tamén se abren as redes sociais á participación directa de nais, pais, fillas e fillos, a comunidade educativa en xeral.

 

 

Para que formen parte activa deste programa subindo os seus vídeos ás redes sociais, Facebook, Instagram e Twitter e etiquetándoos co cancelo #21diascogalegoemais.

 


Indicamos tamén o enderezo do blog de referencia onde poden ir seguindo o programa a partir do luns 13 de xaneiro de 2020:
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais

 

0
0
0
s2sdefault