Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ POR PRIMEIRA VEZ CUNHA ORDENANZA DE PRAIAS ESTE VERÁN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

El goberno local traballa no borrador da que será a primeira ordenanza de praias de Sanxenxo. O obxectivo é que o próximo verán o regulamento marque a xestión correcta que permita a convivencia e goce dos usuarios das praias do municipio que en tempada estival recibe a miles de visitantes. Sanxenxo conta na actualidade con 14 bandeiras azuis que certifican a calidade tanto dos servizos como da auga, un distintivo que se prevé ampliar o próximo verán.

O borrador fixa como tempada de baño o período comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, unhas datas que o Concello de Sanxenxo podería cambiar en función das condicións climatolóxicas.

O texto proposto prohibe expresamente deixar instalados as antucas, cadeiras ou mesas se non se atopen os seus propietarios, para reservar o espazo. En canto ás actividades deportivas, culturais e xogos tanto na area como na auga, poderanse realizar sempre cando non supoñan unha molestia para o resto de usuarios e os areais conten cun espazo suficiente.

A práctica deportiva de surf, windsurf, kitesurf, padel do surf e outros deportes similares só poderanse realizar en tempada estival de maneira temporal e con previa autorización do Concello de Sanxenxo nos lugares e condicións que se estableza.

A venda ambulante en praias de calquera tipo de produto quedará prohibida, en especial bebidas e produtos alimenticios, sempre que non haxa unha autorización municipal previa.

O documento contempla como infraccións moi graves a realización de pintadas e grafitis con calquera material ou produto ou raiar a superficie de calquera elemento, instalación, obxecto ou espazo de uso público, verteduras sólidas ou líquidos ou o uso de material pirotécnico, entre outras. Non respectar a prohibición do baño cando estea izada a bandeira vermella será considerada unha infracción grave, así como lanzarse á auga desde cantís, rocas ou espigóns ou de zonas onde estea prohibido o baño. La práctica de deportes acuáticos sen cumprir a norma tamén será considerada unha infracción grave.

O lavado de roupa ou animais en lava pés, fontes ou deixar cadeiras de praias ou calquera outro artigo con cadeas ou soltos en calquera lugar da praia serán consideradas infraccións leves. As sancións poderán ir de 750 a 3.000 euros, en función da gravidade da infracción.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault