Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL REALIZOU 399 CONTROIS DURANTE A FIN DE SEMANA QUE SE SALDAN CON DÚAS DENUNCIAS EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Policía Local de Sanxenxo realizou durante a pasada fin de semana 399 controis para limitar a circulación de vehículos particulares e persoas por vías públicas, actuacións marcadas e reforzadas para limitar a propagación e o contaxio do Covid 19. En total comprobáronse os desprazamentos de 379 coches nos accesos ao municipio e a 20 peóns que transitaban pola vía pública en diversos puntos.

A vixilancia saldouse cunha denuncia ao condutor dunha motocicleta por infrinxir a limitación de circulación, e outra, a un peón cuxa distancia da súa vivenda para tirar o lixo non estaba xustificada. Os datos que coinciden co inicio vacacional de Semana Santa avalan o alto grao de cumprimento do confinamento no municipio. “Estamos moi satisfeitos cos datos que demostran a concienciación do problema sanitario e unha gran responsabilidade cidadá. É unha situación complicada na que todos debemos achegar o noso gran de area”, asegura Jaime Leiro, concelleiro de Seguridade Cidadá.

Desde que se decretou o estado de alarma e limitáronse os desprazamentos de vehículos por estrada como de peóns pola vía pública, a Policía Local de Sanxenxo en colaboración coa Garda Civil realizaron un total de 1.546 controis de distinto tipo en establecementos, por estrada e a peóns. Esta vixilancia saldouse con 12 denuncias, dúas delas a establecementos que permanecían abertos, a pesar da orde de peche, 7 a peóns cuxa mobilidade non puideron xustificar e tres a condutores. Todas elas, apenas un 1% dos controis conclúen como proposta de sanción ante a Subdelegación do Goberno.

No control e vixilancia do municipio para facer cumprir o decreto traballan en total coordinación e, en continua comunicación, a través da Subdelegación do Goberno e Concello de Sanxenxo, a Policía Local, a Garda Civil e, nestes días, de forma excepcional, tamén a Brilat.

0
0
0
s2sdefault