Concello de Sanxenxo - A BRILAT DESPREGA 21 EFECTIVOS DA UNIDADE DO BATALLÓN DE ZAPADORES EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Exército de Terra despregou hoxe en Sanxenxo 21 efectivos da unidade do Batallón de Zapadores ao mando do tenente Villarejo para reforzar e apoiar á Policía Local e a Garda Civil, que realizan tarefas de control para o cumprimento do confinamento decretado polo Covid 19.

O alcalde, Telmo Martín, recibiu ao tenente coronel, Francisco Javier Fontes Gil, e parte do seu equipo xunto ao concelleiro de Seguridade, Jaime Leiro, e agradeceu o labor do Exército nestes momentos. “Quero trasladarlle o meu recoñecemento ao labor que a Brilat está a realizar nesta situación de emerxencia e darlle a benvida ao municipio a pesar destas difíciles circunstancias”, asegurou o rexedor.

Durante toda a xornada de hoxe, está previsto que realicen controis na vila de Sanxenxo e Portonovo. A unidade está en continuo contacto coa Policía Local e a Garda Civil. “O noso labor é disuadir e informar á poboación para que cumpran coas normas de confinamento”, sinalou o tenente coronel, Francisco Javier Fontes Gil.

O Batallón de Zapadores é unha unidade de enxeñeiros moderna na que se combinan postos de gran esixencia técnica nas súas seccións de zapadores con outros que requiren unha sólida formación técnica en manexo de equipos especiais, condución de vehículos pesados, manexo de maquinaria de obras públicas e en construción. Destaca tamén a súa capacidade EOD de desactivación de explosivos . Agora tras decretarse o estado de alarma participan en labores de control e vixilancia demostrando a gran versatilidade e polivalencia da unidade.

0
0
0
s2sdefault