Concello de Sanxenxo - EMERXENCIAS REALIZA UN TOTAL DE 112 INTERVENCIÓNS CENTRADAS NOS NOVOS SERVIZOS POLA ALERTA DO COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Emerxencias realizou en apenas 23 días un total de 112 intervencións centradas nos novos servizos que asumiu o departamento municipal tras o estado de alarma como son a compra de alimentos e produtos farmacéuticos ás persoas que están soas ou que non poden saír das súas casas por motivos de saúde, a distribución de máscaras, a retirada de residuos sólidos urbanos ou a colaboración na repartición do Banco de Alimentos.

O servizo asumiu estas novas funcións adaptándose ás necesidades que puidesen xurdir nesta situación de confinamento e evitar, deste xeito, a propagación do virus. Unha colaboración que se traduce nun total de 13 compras nos supermercados, outras tantas nas farmacias, catro retiradas de residuos sólidos urbanos, e até 12 intervencións cun EPI en casos de positivos en illamento ou veciños en corentena.

O servizo de Emerxencias xunto coa Policía Local tamén está a ser clave na repartición das máis de 14.000 máscaras que está a distribuír o Concello de Sanxenxo coa entrega deste material en máis de 413 domicilios.

En coordinación co departamento de Servizos Sociais, encargáronse de distribuír os paquetes elaborados polo Banco de Alimentos a cinco familias. O servizo municipal de Emerxencias inclúe nestas intervencións a xestión de documentos ou visitas a persoas illadas.

0
0
0
s2sdefault