Concello de Sanxenxo - A XUNTA RENOVARÁ O ASFALTADO NUN TRAMO DE QUILÓMETRO E MEDIO NO ACCESO A PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A empresa adxudicataria Covsa iniciou onte os traballos previos para os que se prevé un prazo de execución de quince días

A PO-308 ao seu paso pola vila mariñeira de Portonovo será obxecto de mellora durante os próximos días. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou onte os traballos previos para o fresado e asfaltado nun tramo de quilómetro e medio no acceso a Portonovo por 245.605 euros. A obra arrincou na rotonda da subida a Adina e prolongarase até a glorieta de Arnelas.

A empresa adxudicataria Covsa dispón dun prazo de quince días para acometer os traballos, aínda que este prazo pode sufrir variacións dependendo das condicións climatolóxicas. Os traballos non restrinxirán o paso en ningún momento e regularase o tráfico viario mediante operarios para evitar as mínimas molestias posibles.

Este proxecto inclúese nun plan de reparación de firme en pavimentos deteriorados en distintas estradas provinciais de titularidade autonómica por valor de 1.029.022 euros. Os traballos inclúen o pintado tamén das marcas viarias que conforman a sinalización horizontal da calzada.

Para a obra que se estenderá nun total de 65.055 m2/cm de fresado en pavimentos empregarase 3.314 toneladas de mestura bituminosa en quente. O pintado no que se utilizarán 748 metros cadrados de pintura en símbolos e cebreados aplicarase en 3.277 metros de marca viaria de 10 centímetros de ancho e 3.814 metros de marca viaria de 15 centímetros de ancho.

0
0
0
s2sdefault