Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ POR PRIMEIRA VEZ CUN MOSTRADOR PROPIO DENTRO DO STAND DE GALICIA EN FITUR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

"SANXENXO 365 DIAS DIFERENTES" UN SLOGAN PARA ATRAER VISITANTES OS 12 MESES DO ANO

Sanxenxo contará por primeira vez cun mostrador propio dentro do stand de Galicia en Fitur

Fitur celebrará a próxima semana unha das edicións máis importantes da súa historia pola pandemia e as súas graves consecuencias para o sector turístico. Sanxenxo participará un ano máis, pero cunha mellora moi importante xa que vai contar no stand de Galicia cun mostrador propio e unha ampla foto de 3x2,50 metros. A imaxe elixida é da praia de Pragueira e o camiño de terra do sendeiro azul que vai de Montalvo a Punta Faxilda. Despois dun ano moi duro e escuro para a actividade turística, o Concello de Sanxenxo levará á feira de Fitur unha foto moi luminosa, que transmite alegría e ilusión por empezar un novo camiño, a etapa post covid.

Ademáis, Sanxenxo vai colocar, como o ano pasado, 2 tótems na entrada do pavillón de Galicia con catro fotos e o slogan: "Sanxenxo 365 días diferentes". Unha invitación para visitar Sanxenxo calquera mes do ano. Sanxenxo converteuse no primeiro destino do norte de España no verán sumando 700.000 pernoctacións. O obxectivo a medio prazo é crecer o resto do ano para alcanzar as 500.000 pernoctaciones en tempada baixa, agora rolda as 300.000. O primeiro reto é atraer a visitantes galegos que poden coller o seu coche e chegar a Sanxenxo en pouco máis dunha hora calquera fin de semana do ano.

O Concello de Sanxenxo confía en ter un verán "case normal" e un outono espectacular porque os nosos visitantes habituais teñen ganas de volver gozar das súas praias, paisaxes e gastronomía. As 26.000 prazas de hospedaxe que suman hoteis, apartamentos e cámpings, así como as 11.000 segundas residencias volverán a encherse neste verán. Ás ganas dos visitantes hai que sumar a ilusión dos miles de veciños de volver recuperar a actividade normal de antes da pandemia. "Sanxenxo é coñecida polas súas praias e paisaxes, pero tamén pola hospitalidade, o agarimo e a profesionalidade que se lles dispensan aos visitantes", apunta o alcalde, Telmo Martín.

0
0
0
s2sdefault