Concello de Sanxenxo - A EMPRESA “SALVAR, FORMAR Y SOCORRER” XESTIONARÁ O SERVIZO DE SALVAMENTO EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O contrato do servizo é por dous anos con posibilidade de prórroga outros dous anos máis
 
Turismo de Sanxenxo deu luz verde á adxudicación do salvamento e socorrismo á empresa "Salvar, formar e socorre" por 1.257.855,50 euros (IVE incluído) para a xestión do servizo durante este verán e o próximo. O contrato contempla a posibilidade de dous anos máis de prórroga.
 
A empresa detalla na súa memoria a planificación ante distintas emerxencias, incluíndo as distancias lineais entre os accesos das 17 praias de bandeira azul, así como a posibilidade de establecer accesos prioritarios e secundarios. Tamén explican con claridade a codificación das emerxencias, segundo a súa gravidade, logrando a maior puntuación do concurso.
 
O servizo contará cun responsable xeral, dous coordinadores e un operador de comunicacións. As condicións laborais das 80 persoas que require o servizo, entre socorristas e persoal de primeiros auxilios, axustaranse ao convenio colectivo vixente.
 
A empresa achegará material sanitario de primeiros auxilios, vestimenta completa e material de protección dos socorristas, un vehículo de intervención con desfibrilador, equipo de oxigenoterapia e bala de osíxeno medicinal, así como unha motocicleta e un todoterreo para os desprazamentos do servizo
 
O servizo de socorrismo dará comezo o próximo 15 de xuño e prolongarase até o 15 de setembro, en horario de 12 a 20 horas nas praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo, mentres que no resto de areais do municipio estará operativo do 1 de xullo ao 31 de agosto.
0
0
0
s2sdefault