Concello de Sanxenxo - O PARKING DE NAUTA FACTUROU 52.399 EUROS EN SETEMBRO, UN 24% MÁIS QUE EN 2020 E UN 20% MENOS QUE EN 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Un total de 14.629 vehículos utilizaron as instalacións do porto deportivo
 
Cunha media diaria de 485 entradas de vehículos no interior do parking e de 46 no exterior, o parking de Nauta facturou o pasado mes de setembro 52.399 euros. Unha cifra que se atopa un 20% por baixo da rexistrada antes da pandemia en 2019 e un 24% por encima da de setembro do ano pasado. O fin de semana con máis entradas de vehículos coincidiu co da Festa de Santa Rosalía e a Volta Ciclista cunha media que rozou os 800 vehículos diarios. 
 
En canto á estancia, os vehículos incrementaron a súa media de permanencia no parking ás 2 horas e 15 minutos, fronte a 1 hora e 40 minutos de 2019 e as 2 horas e 5 minutos. En canto á facturación por quincenas, a primeira como xa é habitual mellora con diferenza á segunda coincidindo ademais cunha maior afluencia de visitantes e os períodos vacacionais. Na primeira quincena do mes facturouse 34.053 euros por 8.946 tickets mentres que, na segunda, 18.346 euros por 5.683 tickets.
 
Un factor a ter en conta neste índice é a dotación de 455 novas prazas de aparcadoiro disuasorio no centro da vila que o goberno local puxo en marcha de forma totalmente gratuíta xa no verán de 2020 e que continúan activas. 
 
Nauta estuda a posibilidade de dotar ás instalacións de 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos cos que se incrementarán os servizos do parking dando resposta a unha demanda cada vez maior por parte dos usuarios.
 
0
0
0
s2sdefault