Concello de Sanxenxo - XUVENTUDE PORÁ EN MARCHA ESTE VERÁN TALLERES E ACTIVIDADES PARA XOVES DE ENTRE 12 E 18 ANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os interesados deberán inscribirse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 724 297

O Concello de Sanxenxo pon en marcha un verán máis actividades e talleres dirixidos a mozos de entre 12 e 18 anos. O programa +Xuventude dará comezo o vindeiro luns e estenderase ata o 31 de agosto, en horario de 10 a 14 horas. As persoas interesadas deberán inscribirse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 724 297.

[PDF] FOLLA DE INSCRICIÓN ACTIVIDADES VERÁN +XUVENTUDE


As actividades desenvolveranse na Casa Mariñeira de Don Fernando, aínda que están previstas tamén saídas a distintos puntos do municipio dentro dos talleres de fotografía e medio ambiente. O obxectivo deste programa estival é implicar aos mozos en distintas iniciativas grupales fomentando a participación e a socialización, así como a acción social e o voluntariado.


Entre os contidos abordarase a fotografía con saídas e gymkanas, retos ou talleres dirixidos a mozos afeccionados á fotografía. Analizarase tamén aspectos da imaxe propia e colectiva en redes sociais.
Un verán máis os "gamers" terán o seu propio espazo na programación. Os mozos afeccionados aos videoxogos establecerán encontros para xogar, socializar e realizar campionatos.


Para os amantes da natureza, están previstas saídas e actividades de protección ambiental que poñan en valor a riqueza paisaxística do municipio.
Neste programa estival, Sanxenxo non descoida tampouco a formación en voluntariado xuvenil, así como colaboracións en probas deportivas organizadas polo Concello e asociacións municipais que demanden a súa participación.

cartel xuventude veran 2022

0
0
0
s2sdefault