Concello de Sanxenxo - O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO REALIZOU NO QUE VAI DE ANO UN TOTAL DE 854 INTERVENCIÓNS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O servizo de Emerxencias de Sanxenxo realizou un total de 854 intervencións no que vai de ano. O rexistro de actividade distribúe as actuacións segundo tipoloxía: Test, riscos, rescate, incendios, colaboración, accidentes de tráfico e outros, onde se inclúe a retirada de niños de avispa velutina ou retiradas de animais.

As situacións de risco centraron neste ano boa parte do traballo do servizo cun total de 212 intervencións por retiradas de postes e cables (59), limpeza de vía (41), escapes de gas (10), movemento de colectores ou mobiliario (10), caída de árbores ou ramas (34), inundacións (26) e accidentes laborais (2).

En canto aos rescates, o servizo contabiliza un total de 23 rescates de animais, 23 en contorna urbana, 3 no rural e 9 no medio acuático. As intervencións por niños de avispa velutina foron 69, por animais, 69 e preventivas, 31.

Ata 154 incendios de distinto tipo obrigaron a intervir ao servizo. En vehículos (13), urbanos (37), mobiliario urbano (17), marítimo (2), industrial (5), forestal sen vivenda (46), forestal con vivenda (16), industrial (6) e eléctrico (6), entre os máis destacados. En canto a accidentes de tráfico, Emerxencias realizou 115 intervencións. Dos que en 11 rexistráronse atrapados, en 16 non había feridos e 18 limitáronse a limpeza de vía.

Por días da semana, o balance revela un maior número de incidencias os martes (139) e os luns (126), sendo os mércores (114) e os domingos (113) as xornadas de menor actividade.

O servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo é un grupo supramunicipal que intervén ademais de en Sanxenxo onde está a súa base nos municipios de Poio, O Grove e Meaño. Ademais, no que vai de ano colaboraron en operativos de distinto tipo en Agolada, Barro, Bueu, Caldas, Cerdedo-Cotobade, A Illa, Meis, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova.

0
0
0
s2sdefault