Concello de Sanxenxo - Participación Cidadá
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Cultura

Desde o Concello de Sanxenxo cremos que o asociacionismo é un medio de sumar esforzos e compartir ideais a través das respostas colectivas. Un instrumento de participación cidadá con continuidade e proxección na sociedade.

Podes optar por unirte a unha asociación xa existente ou promover a constitución dunha Asociación capaz de canalizar as inquietudes doutros veciños e veciñas comprometidos e identificados cuns valores.

Desde a seguinte ligazón poderás visualizar todas as Asociacións que desde o Concello temos constancia.