Concello de Sanxenxo - Consumo - Omic
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Servizos sociais

A OMIC DE SANXENXO DEFENDE OS TEUS DEREITOS

 

Quen somos

A OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor) é un servizo dependente do Concello encargado de informar, asesorar e formar aos consumidores/as en todos aqueles temas relacionados co consumo e a utilización de servizos para toda a veciñanza de Sanxenxo.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) axuda aos consumidores/as e persoas usuarias a coñecer os seus dereitos e defendelos.

 

Que facemos

  1. Ofrecemos información, axuda e orientación aos consumidores/as.
  2. Encargámonos da recepción e envío ao Servizo de Consumo de Pontevedra, dependente da Consellería de Economía e Industria, das reclamacións que se presenten directamente polo consumidor/a, para a tramitación das mesmas.
  3. Fomentamos a educación e formación dos consumidores/as.
  4. Colaboramos con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos consumidores/as.
  5. Remitimos aos distintos organismos, aquelas reclamacións nas que non se alcanzou un acordo mediador.

 

Utiliza la OMIC para:

  1. Pedir información e orientación.
  2. Facer unha reclamación.
  3. Solicitar información sobre cursos, charlas, campañas divulgativas, publicacións.
  4. Promocionar ideas e suxestións.

 

Para calquera destes trámites podes vir persoalmente á Oficina do Consumidor situada na planta 3 do edificio consistorial no enderezo Rúa de Madrid Nº1.  

Teléfono: 986 720 075.

Tamén podes utilizar o correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.