Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO REPARTIRÁ 8.000 EUROS EN AXUDAS ÁS ANPAS DOS SETE COLEXIOS E DOS DOUS INSTITUTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Nati Parada, reuniuse cos representantes dos colectivos para explicarlles os criterios das subvencións


Sanxenxo, 26 de abril de 2024.- O Concello de Sanxenxo repartirá 8.000 euros en axudas ás ANPAs dos sete colexios e dos dous institutos do municipio. O obxectivo do departamento de Educación que dirixe Nati Parada é axudar a sufragar os gastos das actividades que realiza cada colectivo con 300 euros e, ademais, colaborar cos gastos de comedor cunha partida de 20 euros por alumno ou alumna beneficiaria deste servizo. Parada reuniuse esta semana cos colectivos para explicarlles os criterios e o importe das axudas, así como os trámites a seguir. "Queremos axudar e recoñecer a labor que realizan as ANPAs do noso municipio", sinala.

Os colectivos que desexen percibir as axudas deben estar inscritos no rexistro municipal de asociacións. Tanto para a solicitude de inscrición como para a solicitude da subvención será preciso que a asociación dispoña de certificado electrónico. A petición deberá presentarse na sede electrónica de O.A.Terra de Sanxenxo no catálogo de trámite "Axudas e subvencións".

As ANPAs deberán achegar un certificado de ausencia de débedas coa administración, unha memoria da actividade, unha conta xustificativa, o CIF, as facturas e o certificado da conta bancaria.

0
0
0
s2sdefault