Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, TANTO DE RESERVA COMO DE NOVO INGRESO, NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE O TOMBO E O REVEL.
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

Para o curso 2019-20 o prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva como de novo ingreso, é do 4 ao 26 de abril de 2019 (ambos incluídos).

Os modelos de solicitude serán facilitas nas propias Escolas Infantís e no rexistro do Concello de Sanxenxo. Tamén poderán descargarse na páxina web do Concello http://www.sanxenxo.es

Unicamente se poderán presentar solicitudes fóra do prazo establecido, nos seguintes casos: 

  • Nacemento, acollemento ou adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

  • Cambio de concello de residencia da unidade familiar.

  • Outras circunstancias socio-familiares e/ou laborais que o motiven e que estean debidamente xustificadas polos Servizos Sociais municipais.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentarante no rexistro xeral (Casa do Concello, Avida. Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) ou na sede electrónica (www.sanxenxo.es) do Concello de Sanxenxo

Para a presentación das solicitudes a través da sede electrónica será precisa a identificación previa a través dos seguintes medios:

  • Certificado electrónico.

  • Clave de usuario e contrasinal (deberá solicitarse presencialmente no rexistro xeral do Concello).

Logo da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as, non admitidos/as e de agarda, establécese o prazo que vai entre o 2 e o 15 de xullo de 2019 (ambos inclusive) para a aceptación de praza. 

 

ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE SANXENXO

O Concello de Sanxenxo conta con 2 Escolas Infantís Municipais (EIM),  O Tombo e O Revel.

As EIM teñen como obxectivo estimular o desenvolvemento global das capacidades intelectuais, afectivas, de expresión e comunicación dos/as nenos/as con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos en estreita colaboración coas familias, mediante actividades educativas e lúdicas de acordo co seu nivel madurativo, para adquirir progresivamente maiores niveis de autonomía e independencia dos adultos.  

 

INSTALACIÓNS

 

EIM

 

 

0
0
0
s2sdefault