Concello de Sanxenxo - Ludoteca na Rúa
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias cultura

LUDOTECA NA RÚA

O Departamento de Animación Sociocultural do Concello de Sanxenxo abre o prazo de inscrición para as actividades da Ludoteca na Rúa para o verán o luns día 27 de maio.

Estas actividades están destinadas ao alumnado de 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.

Fichas de inscricións, lugares e datas das actividades:

  • Dorrón do 1 ao 5 de xullo na Casa de Cultura.
  • Sanxenxo do 8 ao 12 de xullo no Pazo Emilia Pardo Bazán.
  • Nantes do 15 ao 19 de xuillo no CEIP de Nantes.
  • Vilalonga do 29 de xullo ao 2 de agosto no Pavillón de Vilalonga.
  • Portonovo do 5 ao 9 de agosto no CEIP de Portonovo.
  • Noalla do 19 ao 23 de agosto no CEIP Telleiro.
  • Bordóns do 26 ao 30 de agosto no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Prezo: 15€/semana.

Máis información: 986 727 936 // 986 675 444

0
0
0
s2sdefault