Concello de Sanxenxo - AS ENTRADAS DO DOCUMENTAL “O BARRO DA VIDA” AGÓTANSE EN 24 HORAS E REPETIRASE A SESIÓN O 5 DE MARZO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Noticias

 

A peza firmada por Xan Leira sobre a traxedia do naufraxio ocurrido en 1940 e a tradición telleira espertou un gran interese na parroquia

En apenas 24 horas esgotáronse as case 500 localidades dispoñibles para ver o documental “O barro da vida”, unha peza firmada por Xan Leira na que se aborda a traxedia do naufraxio ocorrido preto da Arnosa en 1940 no que faleceron 23 persoas e a tradición telleira como motor económico de Vilalonga. A emisión deste documental enmárcase na xornada de homenaxe e recordo que a Asociación de Veciños O Salnés de Vilalonga e Codesevi en colaboración co Concello de Sanxenxo teñen previsto celebrar este domingo 12 de febreiro. “Nótase a calor e o respaldo da xente a estes actos e estamos moi agradecidos”, explica Carlos García Padín, de Codesevi.

O programa contempla unha misa ao exterior baixo unha carpa nas inmediacións do pantalán da Arnosa, ás 12 horas, e a estrea do documental no bar Spa de Vilalonga, en dúas sesións, 18:30 e 20:30 horas. Os que non puideran acadar entrada para este domingo no Bar Spa de Vilalonga terán outra oportunidade o vindeiro 5 de marzo cando se repetirá a emisión do documental en dúas sesións co mesmo horarioA entrada será de balde ata completar aforo.

No documental recóllense ata 27 testemuñas que falan do afundimento, entre eles un testigo directo, Maximino González, que iba co seu tío nun bote a poucos metros do lugar do accidente, e da tradición telleira e ceramista de Vilalonga. Unha crónica viva do oficio do barro, na terra e no mar, que transformou o entorno natural e paisaxístico de Vilalonga, promovendo o desenvolvemento económico do municipio e da comarca.

O documental musicalizado polo vilalongués Dani Dopazo e Xoán M. Parada garda unha sorpresa para as persoas que participaron no documental aportando a súa testemuña que se dará a coñecer o mesmo día da estrea.

0
0
0
s2sdefault