A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e coa colaboración do concello de Sanxenxo, vai realizar un curso dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial.
Trátase de curso presencial, de 20 horas, co que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior.
Este curso ten un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como de incrementar o número de falantes da nosa lingua.
A Secretaría Xeral da Lingua expedirá diploma aos participantes con posterioridade á superación do curso.
- Destinatarios: Persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan no ano 2026, que desexen adquirir ou mellorar as súas competencias en lingua galega e os seus coñecementos sobre a cultura de acollida. Non se requiren coñecementos previos de galego, xa que as clases estarán adaptadas a diferentes niveis.
- Lugar de realización: Pazo Emilia Pardo Bazán
- Datas: Do 9 ao 19 de Novembro
- Horario: de luns a xoves de 19:00 a 21:30 h
- Inscrición previa: presencial no Pazo Emilia Pardo Bazán (prazas limitadas)
- Información: 986 72 79 36