Concello de Sanxenxo - O goberno recibe unha subvención de 16.613,89€ para as garderías municipais
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Desde a Consellería de Política Social e a través da Orde do 27 de xuño de 2018 establécense as bases reguladoras do procedemento da concesión de axudas para o investimento nas infraestruturas e o equipamento das Escolas Infantís 0-3. O Concello de Sanxenxo, do mesmo xeito que o ano anterior, a través da área de Educación, solicitou unha subvención atendendo a:

- No apartado de obras menores apóstase por unha segunda fase do patio cuberto da EIM Ou Revel. “ Despois da obra realizada o ano pasado para poder facer uso do patio interior, detectouse que era preciso cubrir as partes altas que quedasen abertas pensando, precisamente, na ventilación de todo o espazo. Polo que traballamos nunha opción que impida a entrada de auga pero permita a ventilación”.

A actuación consistirá no peche perimetral do patio de xogo da Escola colocando un peche de lamas fixas, que permita a ventilación do patio e eviten a entrada de auga da choiva. A valoración económica ascende a 4.401,70€.

- Nun segundo apartado, a adquisición e mellora do equipamento, compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico de xogo. “Este mobiliario complementaría o que xa atemos na actualidade e danos a oportunidade de mellorar a calidade do traballo dos educadores/as. Por outra banda, a intención de facernos con material didáctico e de xogo para o desenvolvemento psicomotor, sensorial, psicomotricidade fina, quebracabezas, elementos musicais… etc. Tanto o Revel como o Tombo, co único obxectivo de dotar con máis recursos didácticos e lúdicos, para que o día a día resulte máis proveitoso e atractivo para os nenos/ as.” A valoración económica ascende a 14.109,41€.

A Consellería de Política Social comunicou a concesión de 16.613.89€, dos cales un 80% está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no Programa Marco Operativo Feder Galicia 2014-2020.

0
0
0
s2sdefault