Concello de Sanxenxo - Este sábado "Pinta, crea, conta, le" no Pazo Emilia Pardo Bazán
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

 

O sábado 24 de novembro de 10:30 a 13:30 h no Pazo Emilia Pardo Bazán vaise celebrar unha actividade conxunta entre o persoal de Animación á lectura e Arte Infantil.

Actividade dirixida a nenos/ as de Infantil e Primaria para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, potenciando o valor das mulleres “AS SINSOMBREIRO”: Mulleres esquecidas da Xeración do 27.

As nenas e nenos asistentes tamén realizarán un gran lazo, que pasará do negro ao violeta coas súas obras pictóricas.

Finalmente participarán nunha performance infantil de solta de globos e chapeus.

0
0
0
s2sdefault