Concello de Sanxenxo - Sanxenxo Fala "Domingo Musical Os Cruceiros"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Este domingo 16 de xuño finaliza o programa “Sanxenxo Fala 2019” coa actividade Domingo Musical Os Cruceiros, que terá lugar na praza de Vilalonga ás 18:00 horas.

Sanxenxo Fala é un programa de dinamización lingüística no ámbito cultural e educativo no que a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Sanxenxo quere recoller, promover e dar a coñecer iniciativas de distintas asociacións e entidades do municipio en prol da lingua galega. Esta programación deu comezo no mes de maio coincidindo co mes adicado á celebración das Letras Galegas.

Domingo Musical Os Cruceiros ven da man da Asociación Os Cruceiros de Vilalonga que teñen como obxectivo principal a promoción da cultura, tradición e fomento do uso do galego, así como a gran riqueza das nosas cancións e bailes tradicionais.

A Asociación Cultural Os Cruceiros e a Concellería de Cultura apostan por este proxecto para cos obxectivos de amosar, coñecer e valorar a nosa cultura e o noso folclore, así como tamén facer visible o traballo que se está a facer cos cativos e cativas neste senso.

O vindeiro domingo a partir das 18:00 horas teremos unha tarde musical con actuación dos grupos Os cruceiros de Vilalonga, + que Cantigas, @ de Viño e Os Carunchos, podendo desfrutar así dun domingo musical en Vilalonga.

 

0
0
0
s2sdefault