Concello de Sanxenxo - Exposición Sanxenxo Cultural: Décimo Aniversario do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

Sala Nauta do 5 ao 15 de xullo de 2019

O Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL), do Foro Galicia Milenio, cumpre 10 anos. Con tal motivo, organizouse na sala Nauta de Sanxenxo unha Exposición retrospectiva das súas actividades, que foi inaugurada onte venres 5 de xullo ás 20.30 h..

Foi no mes de agosto do ano 2009 cando se celebraron as I Xornadas “Sanxenxo na Historia”, subtitulados Xornadas de Historia, Cultura e tradicións Populares.

Desde entón, o SEL desenvolveu un importante labor cultural a través da organización de actividades que se mostran na exposición organizados do seguinte modo:

I. Xornadas Sanxenxo na Historia (Case 150 profesores e investigadores, ademais dos membros do propio SEL participaron nas conferencias e mesas redondas organizadas tanto no mes de agosto como nos chamados Venres Culturais.

II. Premios Sanxenxo na Historia (Móstrase a relación de premiados ao longo destes 10 anos. O primeiro, concedido ao expresidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor e o da edición do ano pasado ao Grupo Folk Milladoiro).

III. Publicacións e presentacións de libros (Publicáronse 12 libros das coleccións: Sanxenxo na Historia-5 vols., Cadernos do SEL- Personaxes de Sanxenxo-2 vols., Estudos-2 vols., Narrativa-1 vol.; Roteiro Padre Sarmiento-2 vols.).

IV. Exposicións de Arte: (Organizáronse 8 exposicións dedicadas á promoción dos artistas locais ou a temas de Sanxenxo, en particular destaca a Serie “Mirarche Sanxenxo, comisariadas por Ana Cancela).

V. Conferencias: Pronunciáronse conferencias e charlas para persoas do Taller da Memoria, de Centros de ensino (de mozos e adultos), etc.

VI. Roteiro de Padre Sarmiento: O SEL traballou en colaboración co Concello de Sanxenxo e coa Mancominudad do Salnés na investigación e promoción do Roteiro do Padre Sarmiento (Se han publicados dous guías artísticas e un estudo monográfico, así como organizado exposicións de arte).

VII. Concurso de fotografía (a última actividade que recolle a exposición é un concurso de fotografía realizada polos novos estudantes dos centros educativos do Concello).

Na exposición conmemorativa están representadas as persoas e institucións que ao longo destes 10 anos nos apoiaron e á que expresamos o noso agradecemento: Concello de Sanxenxo, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Mancomunidade do Salnés, entre outras.

Tamén damos as grazas aos centenares de persoas que participaron en todas as actividades organizadas ao longo destes dez anos.

Contactos:

- Ana Cancela Muras (Directora do SEL de Sanxenxo): Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Marcelino Agís Villaverde (Presidente do Foro Galicia Milenio): Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

0
0
0
s2sdefault