Concello de Sanxenxo - Os pinceis máis rápidos chegan a Arra
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

A Asociación Cultural San Cayetano de Arra, en colaboración co Centro de Arte do Concello de Sanxenxo, organizan un ano máis o Certame de Pintura Rápida ao aire libre.

Nesta iniciativa poderán participar todos os artistas que o desexen de forma gratuíta, previa inscrición electrónica a través do correo scarra.asociacióEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou o mesmo día do certame, o 4 de agosto, no momento da selaxe dos lenzos en horario de 9 a 11 horas, na zona de aparcamento da praia de Montalvo.

As bases establecen dúas categorías. Unha infantil, para nenos de ata 16 anos, e outra de adultos, para maiores de 16 anos.

Aínda que o estilo e a técnica son libres, a organización si marca a temática, que versará sobre calquera lugar de Arra co obxectivo de poñer en valor a riqueza paisaxística e cultural da parroquia de Arra.

Por iso, as obras deberán de ser realizadas in situ, dentro dos límites da antiga parroquia de Arra. Os organizadores facilitarán aos participantes un plano da mesma, para que comuniquen o lugar no que se atopan realizando a súa obra e así poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma.

A totalidade das obras serán expostas nun recinto habilitado para o caso durante a Feira de Produtos Galegos.

Na categoría de adultos, desde os 16 anos, haberá un primeiro premio de 700€ e un segundo de 300€. Na categoría de infantil o primeiro premio será de 100€ en material artístico/escolar e o segundo de 50€, tamén para material artístico/escolar.

Bases Certame Pintura Raüpida Arra 2019 page 0002

0
0
0
s2sdefault