Concello de Sanxenxo - A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN TRASLADA AOS CENTROS EDUCATIVOS O PLAN DE LIMPEZA PREVISTO MARCADO POLO PROTOCOLO ANTI COVID 19
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Cultura

A concelleira de Educación, Paz Lago, reuniuse esta semana cos directores dos colexios A Florida, Portonovo, Cruceiro, Magaláns, Nantes, a Escola Unitaria de Aios e os institutos de Sanxenxo e Vilalonga para expoñerlles o detallado plan de limpeza anti-covid que se desplegará o vindeiro curso. “Realízaranse tal e como marca o protocolo tres limpezas diarias durante a actividade lectiva adaptadas as características e casuísticas de cada centro”, sinalou Lago.

Incidirase na limpeza dos espazos comúns e nas superficies de contacto máis frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas, e outros elementos de similares características. Nas limpezas empregaranse bactericidas e disolucións con lixivia para que a desinfección sexa eficaz. Este plan obrigará a reforzar o servizo xa que só a estas tarefas se destinarán a doce traballadoras que se encargarán das limpezas dos centros educativos.

Impedir as aglomeracións nas entradas e saídas dos centros foi unha das preoocupacións trasladadas polos directores na reunión. Algúns centros como o de Portonovo habilitarán entradas e saídas para os distintos grupos, pero aínda así a maioría piden a presencia policial para garantizar a seguridade e distanciamento social. A concelleira Paz Lago se comprometeu a trasladar esta inquedanza a Concelleria de Seguridade para ver se é posible un plan coordinado para os distintos centros.

A concelleira Paz Lago destacou ao finalizar a reunión “a importancia das aportacións de cada centro e o espíritu colaborador dos equipos directivos nunha situación complicada como a que estamos a vivir”. Lago non quixo esquecer a labor dos conserxes dos centros tanto na reordenación das aulas, co vaciado e traslado de mobiliario, como na creación da “Aula Covid” ante un posible caso no centro.

0
0
0
s2sdefault