Concello de Sanxenxo - O goberno celebra o éxito deportivo de Luis Rodríguez Vicente
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Deportes

O alcalde, Telmo Martín e o concelleiro de deportes, Suso Sueiro, estiveron con Luís Rodríguez Vicente, do Club de Piragüismo de Portonovo, que ven de participar na Regata Internacional Nile Championships Canoe&Kaiak, celebrada en Exipto, conseguindo uns resultados de éxito.

Nauta Sanxenxo e Piragüismo asinaron un contrato de patrocinio, para colaborar economicamente co club e, en concreto, con este deportista. Grazas a esta colaboración, puideron acceder á compra de novo material.

LUÍS RODRIGUEZ VICENTE

Luís Rodríguez Vicente é un piragüista do municipio que naceu no ano 1999.

Luís leva practicando piragüismo desde o ano 2008, momento no cal se presenta aos cursos de iniciación que organiza anualmente o Club Piragüismo C.P. Portonovo.

Ao pouco tempo comeza a destacar a nivel autonómico no seu primeiro ano na categoría infantil, progresando a grandes pasos para obter a súa primeira medalla nacional no 2013 no seu segundo ano nesta categoría.

No ano 2013-14 foi bolseiro pola Secretaría Xeral para ou Deporte, para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde permaneceu ata o ano 2017. Isto facilitoulle combinar os estudos cos adestramentos diarios e progresar ata o día de hoxe.

0
0
0
s2sdefault