Concello de Sanxenxo - Sanxenxo contratará a 4 persoas a través do Programa "O Teu Primeiro Emprego"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas Emprego

O Concello de Sanxenxo contratará a 4 persoas a través do programa “O Teu Primeiro Emprego”, da Deputación de Pontevedra.

3 das persoas contratadas serán diplomados en xestión e administración pública ou graduados en dirección e xestión pública. A cuarta persoa contratada será un licenciado ou graduado en ciencias da actividade física e do deporte.

A través deste programa os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra, poderán contratar persoas sen experiencia laboral previa no seu ámbito de estudo, co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Estes contratos terán un primeiro período de 6 meses de duración prorrogables outros 6 se así o acordan ambas partes.

Os contratos en prácticas poderán concertarse con aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

• Que estean en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
• Que non transcorresen máis de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, desde a finalización dos estudos.
• Que non estivesen contratadas ou contratados en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por un tempo superior a un ano (o que deberá comprobar a entidade colaboradora a través da vida laboral das persoas candidatas, os grupos de cotización asignados son o 1 ou 2 para universitarios e o 3 para os ciclos superiores).

 

0
0
0
s2sdefault