Concello de Sanxenxo - Nauta Sanxenxo inviste máis de 80.000€ na posta a punto do Porto Deportivo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Desde a empresa municipal Nauta Sanxenxo, leváronse a cabo unha serie de actuacións no Porto Deportivo para a súa posta a piques de cara a esta tempada estival, valoradas en máis de 80.000€.

 

No parking fíxose un pintado completo do mesmo e reparacións varias nas instalacións. Ademais, instaláronse uns enreixados con porta lateral, que polas noites permanecen pechadas para que unicamente poidan acceder as persoas que teñen o seu vehículo estacionado no interior. Para controlar esa entrada, colocáronse uns porteiros automáticos, que permitan a apertura das portas ao presentar o tícket do Parking.

 

No porto reparáronse os viarios, empedrados e beirarrúas. Ademais, pintáronse e reparáronse os elementos decorativos, como son bancos, macetas, etc.

 

No varadero instaláronse novas varandas nas zonas de acceso e unha
varanda de seguridade na zona da gasolineira. Reparáronse as
baixantes de auga e canalizacións, e fíxose unha limpeza de muros e reposición de pedras.

 

Pintáronse os pilotes dos pantaláns, instalando nova sinalización e fabricado novos berces e puntais de varada. Tamén se fixeron melloras na liña de electricidade dos pantaláns.

 

A Sala Nauta e a oficina de Turismo dispoñen agora de aire acondicionado. Estes dous espazos levaban anos sen este sistema de climatización e as altas temperaturas nos días de calor, dificultaban o traballo na Oficina e impedían o uso da Sala.

 

Compráronse dúas tablets para a oficina de Nauta, que permitan informatizar o rexistro dos tránsitos do porto. E, ademais, instalouse a aplicación, MyOpen, no acceso aos pantaláns. Esta aplicación, en fase de proba, permite a apertura de portas desde un dispositivo electrónico sen necesidade de chaves ou cartóns.

 

0
0
0
s2sdefault