Concello de Sanxenxo - O goberno ten en conta as peticións do colectivo Ecoloxista do Salnés no novo edificio club de piragüismo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno acordou cos ecoloxistas do Salnés algúns cambios no novo edificio do club de piragüismo de Portonovo para mellorar a súa integración na contorna, así como a protección das dunas da praia de Baltar.

O acceso ao novo club farase pola rampla de formigón que xa hai para acceder á praia, evitando así as ramplas previstas inicialmente que tiñan un maior impacto.

En exterior do edificio de formigón vai revestir cunha celosía de listóns verticais de madeira natural para reducir o impacto visual e mellorar a integración do edificio na súa contorna.

Vai instalar un valado lixeiro de madeira natural xunto á pasarela de madeira para protexer a vexetación dunar e tamén se vai a restaurar as zonas de duna próximas que están desgradadas.

Así mesmo, como se trata dun edificio que está previsto que se retire nuns anos, cando se faga un club de piragüismo definitivo integrado no novo proxecto da zona portuaria, o goberno comprometeuse a rexenerar a zona dunar que ocupasen as dúas naves.

Hai que lembrar que o novo club de piragüismo ten unha superficie de 294 m2 e está formado por 2 naves de 23,50m. de longo, por 12,50m. de ancho e unha altura máxima de 4,90 m. As naves contarán con dúas portas de 1,60 m. para embarcacións e outras dúas de 0.90 m para peóns. Inclúen un almacén para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 k-2 ou 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.

O investimento previsto nestas instalacións é de 271.919€ e o goberno espera que a instalación das naves e as obras que comportan poidan estar concluídas na primavera. O Concello dispón dun permiso provisional de dous anos do Servizo de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Medio Ambiente para este fin.

 

0
0
0
s2sdefault