Concello de Sanxenxo - O Alcalde comproba o estado da pavimentación da Rúa Vento, que está a piques de rematar
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Alcalde, Telmo Martín, comprobou a mañá de onte o estado das obras de pavimentación da Rúa Vento en Sanxenxo.

Esta actuación inclúese dentro dun proxecto que contempla a pavimentación e reparación dunha serie de viarias e camiños que suman 1,5km e que cun orzamento de 104.900€ serán financiados con cargo ao Plan Concellos.

A obra consistiu na limpeza das cunetas e as marxes, fresados localizados e apertura dunha caixa na plataforma para a dotación dunha capa base (de zahorra ou macadam) e o bacheo para a regularización do firme. A continuación, está a estenderse unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e a poñendo as tapas das pozas de rexistro e a sinalización horizontal.

Previo a esta actuación, neste viario xa se acometeu unha obra para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para previsión de electricidade e telecomunicacións.

Este outro proxecto, redactado por técnicos municipais tivo un orzamento de 48.200€, que foron financiados con fondos propios municipais.

Así pois, para a canalización de pluviais instaláronse 250 m de tubaxe de PVC, que permita a súa recollida, así como un pozo de rexistro e arquetas sumidoiros. Tamén se levou a cabo a canalización das liñas eléctricas e das liñas de telecomunicacións.

0
0
0
s2sdefault