Concello de Sanxenxo - 3 EMPRESAS PRESÉNTANSE Á LICITACIÓN DA CONSTRUCIÓN DO CLUB DE PIRAGÜISMO MODULAR TEMPORAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 3 empresas presentaron as súas ofertas á licitación da construción do club de piragüismo temporal, que se instalará na praia de Baltar. Acevi, Degalle Construcións e Coviastec.

Esta licitación foi publicada no perfil do contratante e o prazo para a presentación de ofertas terminaba onte, día 26 de decembro. Esta mañá abriuse o sobre A e nos próximos días iranse abrindo os consecutivos (B e C).

O proxecto está valorado aproximadamente en 280.000€ e consiste na construción de dúas naves modulares que se instalarán onde se atopa o módulo de servizos e que unha vez dispóñase do club de piragüismo definitivo poderán ser utilizadas como equipamentos noutras praias ou noutras zonas do Concello, onde se considere necesario.

O goberno espera que este edificio poida estar en funcionamento na primavera, xa que o proxecto contempla un prazo de execución de 4 meses desde o momento que termine todo o proceso de licitación do mesmo.

 

O CLUB

O acceso ao novo club farase pola rampla de formigón que xa hai para acceder á praia, e o exterior vai revestir cunha celosía de listóns verticais de madeira natural para reducir o impacto visual e mellorar a integración do edificio na súa contorna.

Vai instalar un valado lixeiro de madeira natural xunto á pasarela de madeira para protexer a vexetación dunar e tamén se vai a restaurar as zonas de duna próximas que están desgradadas.

Hai que lembrar que o novo club de piragüismo ten unha superficie de 294 m2 e está formado por 2 naves de 23,50m. de longo, por 12,50m. de ancho e unha altura máxima de 4,90m. As naves contarán con dúas portas de 1,60m. para embarcacións e outras dúas de 0.90m para peóns. Inclúen un almacén para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 k-2 ou 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.

 

0
0
0
s2sdefault