Concello de Sanxenxo - O CIM do Concello de Sanxenxo no ano 2018
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Sanxenxo levou a cabo ao longo de 2018, 30 actuacións.

O Centro de Información á Muller, é un recurso de titularidade municipal, dependente da Concellería de Servicios Sociais e Igualdade, que promove unha intervención global, dirixida ás mulleres, proporcionando asesoramento xurídico, apoio psicolóxico, orientación socio laboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

1. CONVENIO DE FISIOTERAPIA

O Concello de Sanxenxo, asinou un convenio de colaboración e continúa ofrecendo o servizo, con VITHAS SALUD FISIUM para poder ofrecer un servizo profesional de fisioterapia a determinados colectivos:

■ MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
■ MULLERES COIDADORAS DE PERSOAS CON DEPENDENCIA.
■ MULLERES REDEIRAS, MARISCADORAS OU DO SECTOR AGRARIO.

2. APROBACIÓN EN PLENO DO IV PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE SANXENXO 2018-2021 E XORNADA FORMATIVA DO PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE SANXENXO: “ A APLICACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NO ÁMBITO LOCAL”

O Plan aprobouse no pleno ordinario do mes de xaneiro. A xornada formativa tivo lugar o día 5 de marzo de 2018.

3. A MOCHILA DA IGUALDADE “SOMOS IGUAIS, MEDREMOS IGUAIS”. NOS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS.

As mochilas, que levan por nome “Mochilas Viaxeiras: Somos iguais, medremos iguais”, terán material didáctico, para que, dunha maneira lúdica e voluntaria, os nenos e nenas poidan desfrutar e aprender en familia. O obxectivo e que cada mochila vaia de casa en casa educando aos nenos e nenas en igualdade.

4. CURSO DE PILATES TERAPÉUTICO E IOGA : En Vithas Saúde Sanxenxo. Coa participación de máis de 60 persoas.

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO DÍA 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER:

5. Creación do I Premio á traxectoria vital das mulleres de Sanxenxo.
6. Andaina pola igualdade: Domingo, 11 de marzo de 2018.
7. Bono SPA do Día da muller 2018.

8. CHARLA DE FISIOTERAPIA UROXINECOLÓXICA

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN: Casa forestal As Canteiras (Noalla), 6 de marzo de 2018 ás 19:00h. Impartido por Ana Campos, Fisioterapeuta Especialista en Pelviperineoloxía de Vithas Saúde Sanxenxo.

9. OBRADOIRO DE RELAXACIÓN E PSICOLOXÍA:
Tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, o 02 de marzo do ano 2018 ás 17:00h.

10.REPRESENTACIÓN TEATRAL “ PEMENTEIRAS”
Tivo lugar o 10 de marzo de 2018 no salón de actos do Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo ás 21:00h.

11. CHARLAS DE IGUALDADE NOS IES MUNICIPAIS

Durante o mes de abril do ano 2018, púxose en marcha unha campaña de sensibilización, destinada a todos os cursos de 1º y 2º de ESO del municipio, nos tres centros educativos onde se cursa (IES VILALONGA, IES SANXENXO e COLEXIO ABRENTE) con unha charla baixo o lema “Educación en Igualdade :a diversidade como norma”, co obxectivo principal de promover a inclusión de valores educativos e culturais igualitarios en toda a comunidade educativa, pero especialmente na etapa xuvenil.
As charlas foron impartidas por especialistas en igualdade, violencia de xénero, violencia sexual, trata e prostitución da Asociación Faraxa de Vigo.

12. EXPOSICIÓN “ERRADIQUEMOS A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA”.
Esta exposición foi cedida pola Confederación Nacional Mulleres en Igualdade, estando exposta na sala Nauta do 14 ao 19 de maio do ano 2018.

13. CHARLA COLOQUIO SOBRE A FIBROMIALXIA: ABORDAXE DESDE A FISIOTERAPIA E A ALIMENTACIÓN.
Tivo lugar o 16 de maio de 2018 ás 17:30h na Casa de Cultura de Adina.

14. SORRISOS TRANSFORMADORES:
No noso concello tivo lugar a presentación o día 21 de maio 2018 ás 10:00h no Pazo Emilia Pardo Bazán, con unha charla da presidenta da Asociación Arelas Cristina Palacios e en colaboración Deputación de Pontevedra.

15. CHARLA COLOQUIO SOBRE HIXIENE POSTURAL
Tivo lugar o 28 de maio do ano 2018, na Sede da Asociación de Mulleres Rurais A Candelaria en Vilalonga.

16. CONMEMORACIÓN DO DIA DO ORGULLO EN SANXENXO
Tivo lugar o día 28 de xuño de 2018 na Casa do Concello de Sanxenxo.

17. PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL: PAIFILLONAI 2016.
Este programa de apoio á unidade de convivencia, ten lugar nos meses de xullo e agosto no colexio de Portonovo, en horario de 08:00 a 16:45h.

18. REUNIÓNS PERIÓDICAS COAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES MUNICIPAIS:
As reunión mantidas este ano 2018 foron o 22 de febreiro as 20:00h. no Pazo Emilia Pardo Bazán, e o 10 de outubro ás 19:00h. no Centro Municipal de Servizos Sociais.

19. NOVAS MASCULINIDADES:

Tivo lugar no mes de outubro do ano 2018 destinado a alumnado de formación profesional Mecánica do IES Vilalonga.

20. OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E EMPODERAMENTO FEMININO:
OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E EMPODERAMENTO PARA MULLERES.
A actividade levouse a cabo en 5 sesións de 3 horas cada unha, durante os días 22, 23, 24, 25 e 29 de outubro de 2018, en horario de 17:00 a 20:00.

21. ORGANIZACIÓN DA MESA LOCAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO:
Este ano 2018 levouse a cabo o día 31 de outubro ás 16:00h, unha convocatoria da Mesa Local de Violencia de xénero.

22. CONTACONTOS DE IGUALDADE “ CONTOS VELLOS NOVOS FINAIS”.
Tivo lugar o 21 de novembro ás 17:00h na Biblioteca de Portonovo. Financiado pola Deputación de Pontevedra.

23. MEDRANDO EN IGUALDADE

Tivo lugar durante o mes de novembro do ano 2018 nos CEIPs Municipais para o alumnado de 6º de primaria. Financiado pola Deputación de Pontevedra.

24. PARA QUE NON DOA

Durante o mes de novembro, no IES De Vilalonga destinado a rapaces e rapazas de 1º e 2º de Bacharelato. Financiado por Deputación de Pontevedra.

25. O CINE COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado de 3º e 4º da ESO do Concello de Sanxenxo. Comezou por fases, desde outubro a novembro 2018.Financiado por Deputación.

26. IGUALDADE NO TALLER DE MEMORIA MUNICIPAL

En Colaboración co programa de Obradoiro de memoria Municipal, organizouse unha actividade para promover a igualdade entre as persoas maiores, a través deste programa municipal. Mediante fichas deseñadas en colaboración co CIM, exercicios grupais e debates, así como proxección dunha película con un coloquio, se traballa o tema da igualdade e a prevención da violencia de Xénero.

Tivo lugar durante todo o mes de novembro do ano 2018.

27. CHARLA SOBRE ABUSO SEXUAL

Esta charla foi impartida por unha persoa especialista, a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Tivo lugar o 23 de novembro no Centro Municipal de Multiusos en Portonovo ás 19:00h.

28. CONMEMORACIÓN DO 25N: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro do ano 2018 na Casa do Concello de Sanxenxo tivo lugar a conmemoración do Día contra a violencia machista, coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

A continuación a compañía de Teatro Xoré Teatro realizou unha performance contra a violencia ás mulleres.
Para rematar o acto, proxectouse a Curta Gañadora do Concurso de curtas contra a violencia de Xénero organizado polo Concello de Sanxenxo e a entrega dos premios e diplomas.
Nos exteriores da Casa do Concello, en colaboración co departamento de xuventude do Concello, colocáronse unha mesas informativas, onde se repartiron folletos, lazos e pulseiras de cor malva.
Igualmente foi exposto un mural pintado e creado polos rapaces e rapazas da Escola de Arte Municipal.

29. ANDAINA “POR ELAS”:

O Concello de Sanxenxo organizou a través do Centro de Información ás mulleres unha Andaina Solidaria en homenaxe e recordo ás vítimas de violencia de xénero asasinadas durante o ano 2018.
A esta andaina invitáronse ás Asociacións de mulleres, xuvenís, de veciñanzas, culturais, e tivo máis de 350 persoas asistentes.

30. RESUMEN DE ATENCIÓNS REALIZADAS:

1. Información e asesoramento xurídico : 117 consultas. Distribuídas en: 32 dereito de familia, 19 consultas de dereito civil, 2 dereito administrativo, 7 de dereito penal, 1 de dereito laboral, 3 sobre seguridade social, 45 sobre o beneficio de xustiza gratuíta e 8 outras consultas.

2. Atención psicolóxica: 149 consultas, distribuídas entre consultas sobre depresións, ansiedade, saúde mental, trastornos da conducta e de temática mixta.

3. A área de Recursos recibe un total de 35 consultas, repartidas entre información sobre asociacións, saúde, servicios sociais, tempo libre e varios.

0
0
0
s2sdefault