Concello de Sanxenxo - Nuestro granito de arena
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo e, concretamente a Concellería de Servizos Sociais, quere agradecer publicamente o traballo e o esforzo realizado por Nuestro Granito de Arena.

A principios do mes de decembro un grupo de persoas, con Ana Rodiño á fronte, de forma desinteresada, uníanse para poñer en marcha unha campaña de nenos solidarios, involucrando aos máis pequenos da casa.

Os Reis Meigos deixaron debaixo das árbores de cada unha das casas, unha carta coa información dunha misión moi importante, deixar para os nenos e nenas máis necesitados do municipio aquelas cousas que queiramos regalarlles.

O obxectivo do Nuestro Granito de Arena, era recadar fondos para poder facer unha gran compra de leite, cacao, galletas, cereais, para axudar ás familias en risco, para que poidan ter un almorzo en condicións cada día.

Así, facilitando un número de conta, conseguiron recadar preto de 300€, cos que fixeron unha gran compra que doaron ao programa de Emerxencia Social de Sanxenxo, con 360 litros de leite, 24 botes de cacao, 32 paquetes de galletas, 13 paquetes de cereais e 12 paquetes de madalenas.

Nuestro Granito de Arena e Concello queren agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron un esforzo persoal colaborando coa causa e se sumaron a esta campaña.

 

0
0
0
s2sdefault