Tal e como se comprometeu o goberno despois de talar os pinos que estaban enfermos e supoñían un risco para a seguridade das persoas, a Concellería de Medio Ambiente está procedendo á plantación de 78 novas árbores de especies moi variadas.
Zona con arbolado de especies más propias de xardinería e de gran beleza que farán do parque un lugar colorido en outono, como son o liquidámbar, o ginkgo e as faias.
Zona de bosque atlántico con carballos, castiñeiros e acivros.
ÁRBORES PROCEDENTES DO VIVEIRO MUNICIPAL:
| Nº | NOME GALEGO | NOME CIENTÍFICO |
| 5 | Carballo país | Quercus robur |
| 6 | Carballo americano | Quercus rubra |
| 2 | Castiñeiro híbrido | Castanea hibrida |
| 2 | Pradario xaponés | Acer palmatum |
| 4 | Metrosideros | |
| TOTAL: 19 |
ÁRBORES ADQUIRIDAS:
| Nº | NOME GALEGO | NOME CIENTÍFICO |
| 12 | Faia | Fagus sylvatica |
| 10 | Liquidambar | Liquidambar |
| 10 | Ginkgo biloba | Ginkgo biloba |
| 3 | Carballo | Quercus robur |
| 3 | Castiñeiros híbridos | Castanea hibrida |
| 4 | Carballo escarlata | Quecus coccinea ou similar |
| 4 | Enciñeira | Quercus ilex |
| 4 | Sobreira | Quercus suber |
| 6 | Acivro | Ilex aquifolium |
| 3 | Bidueiro | |
| TOTAL: 59 |
O Ginkgo biloba é unha árbore orixinaria de Xapón, Corea e o leste de China. Considérase unha das especies máis antigas que se coñecen. Adoitan plantarse en parques e xardíns, pero también en rúas, prazas e avenidas.
A coloración dourada que adquiere a súa follaxe en outono é espectacular. As súas follas caen coas primeiras tormentas de outono e tinguen de dourado as beirarrúas, para volver brotar na promavera.
É unha árbore sagrada para a tradición budista, e por iso adoitan plantarse nos xardíns dos templos xunto ás pagodas, como recoñecemento á súa capacidade para sobrevivir nas condicións máis extremas.
