Concello de Sanxenxo - Sanxenxo asiste a unha reunión da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes en Madrid
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Alcalde, Telmo Martín, asistiu a unha reunión da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, que tivo lugar na Secretaría de Estado de Turismo, en Madrid.

A Secretaría de Estado de Turismo, a través de SEGITTUR, puxo en marcha o proxecto Destino Turístico Intelixente, para contribuír á mellora da competitividade dos destinos españois desde a perspectiva da sustentabilidade e a accesibilidade a través de novos modelos de traballo que inclúan a innovación e a tecnoloxía. Dentro deste proxecto, presentouse oficialmente a Rede de Destinos Turísticos intelixentes, o pasado 11 de outubro.

O empuxe que se quere dar para poñer en marcha esta primeira REDE a nivel nacional forma parte dun proxecto moi ambicioso e de longo percorrido. E é por iso que o noso municipio busca configurarse como un espazo turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que garanta o desenvolvemento sustentable do destino, accesible para todos, e incrementando a calidade da experiencia no Concello, mellorando a calidade da estancia de todos e cada un dos visitantes.

Na reunión asinouse un protocolo xeral de actuación, mediante o cal Sanxenxo comprométese, do mesmo xeito que os demais participantes, a establecer leitos de cooperación para o impulso, promoción e apoio da Rede DTI, desenvolvendo actividades conxuntas e implantando actuacións comúns a través deste foro de encontro.

Para facilitar a realización das actividades ou proxectos específicos, constituirase unha Comisión Plenaria integrada por un representante de cada parte. A esta Comisión Plenaria correspóndelle realizar o seguimento e control da execución do presente protocolo e resolver os problemas de interpretación e cumprimento que se deriven do mesmo.

0
0
0
s2sdefault