Concello de Sanxenxo - O goberno destina máis de 440.000 € a melloras no rural que inclúen asfaltado de pistas, saneamento, auga e iluminación pública
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno destina 444.642€ do orzamento de 2019 a distintas actuacións no rural. En concreto, van investir 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga. Outros 83.467€ destínanse á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural.

Trátase de proxectos que ao non superar os 50.000€ por cada actuación a tramitación para a súa adxudicación sexa máis áxil e directa que os proxectos que esixen un proceso de licitación completo.

Ademais destes 444.642€, desde xuño de 2017, o goberno destinou 1.711.596€ a servizos básicos nas sete parroquias.

• 801.460€ ao asfaltado e mellora de pistas, sen contar as actuacións de gran envergadura como a P0-308 e a rúa Progreso.

• 910.136€ á dotación de saneamento, auga e iluminación pública.

En resumo, en 2 anos o goberno investiu 2.156.238€ na mellora de servizos básicos do rural. Recursos que saíron do orzamento municipal e do Plan de Concellos da Deputación.

ASFALTADOS 2019

• Asfaltado de camiños en Arra.
• Asfaltada contorna Outeiro, Dorrón.
• Reductores de velocidade en diferentes puntos.
• Asfaltado pista O Castro, Noalla.
• Asfaltado pista Asturiana-Gondar. Noalla.
• Asfaltado pista A Bruñeira, Lagarei. Vilalonga.
• Asfaltado pista entrada Catadoiro, Adina.
• Asfaltado pista Canelas, Adina.
• Asfaltado pista Lavadoiro Reis-O Pazo. Padriñán.
• Asfaltado pista Catadoiro - Depuradora Paxariñas. Adina.

SANEAMENTO E AUGA 2019

• Pluviais Fonte de Ons, Noalla.
• Pluviais A Lanzada. Noalla.
• Saneamento Touticeira. Noalla.
• Saneamento Buezas, Nantes.
• Abastecemento Fonte de Ons-A Revolta, Noalla.
• Colector Saneamento O Revel, Vilalonga.
• Canalización de augas pluviais en Forxán-Vinquiño, Padriñán.

ILUMINACIÓN PÚBLICA 2019

O goberno destina 83.467 € para a colocación de 81 novos puntos de luz situados nos seguintes tramos:

• Adina - Arra.
• Arra - Aios.
• Paxariñas- Catadoiro.
• Rial - Xesteiriña.
• Os Pasales.
• Piñeiros - Rouxique.
• Ricardo Santos - Colexio A Florida. Neste punto levarase a cabo unha reparación das luminarias xa existentes.

A instalación contempla un novo sistema de lámpadas que optimice o consumo de enerxía eléctrica e mellore a iluminación do acceso ás vivendas.

 

0
0
0
s2sdefault