Concello de Sanxenxo - Reunión para impulsar o proxecto e o Plan de Usos do Porto de Portonovo
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O sábado reuníronse no Concello o patrón maior de Portonovo, o Presidente do Club Náutico, o Concelleiro de Infraestruturas e o Alcalde. O obxectivo da reunión foi impulsar a redacción do Plan de Usos do Porto de Portonovo.

Un documento imprescindible para acometer unha remodelación e unha mellora en profundidade no porto. Por tanto, tamén para poder desenvolver o proxecto de reforma previsto na zona portuaria de Portonovo, que o Alcalde presentou á Conselleira de Mar e ao Presidente de Portos en novembro. Posteriormente, presentouse a todos os colectivos da vila mariñeira en oito reunións mantidas na Casa de Don Fernando.

Os principais obxectivos do proxecto de mellora da zona portuaria:

• Mellora das instalacións do porto pesqueiro.
• Construír un parking subterráneo que corrixa a escaseza de prazas de aparcadoiro que ten Portonovo.
• Ampliar as instalacións náuticas e deportivas.
• Crear amplos espazos peonís que convertan á vila nun lugar máis atractivo e permítanlle desenvolver todo o potencial turístico e hostaleiro.

A tramitación e aprobación dun Plan de Usos require dun prazo nunca menor de 9 meses, pois é un documento que establece o que se pode e o que non se pode facer no porto. Require, por tanto, o consenso de varias administracións, a súa aprobación inicial e posterior exposición pública, antes de poder aprobarse definitivamente.

O compromiso adquirido polo goberno consistía na presentación dun anteproxecto e o seu consenso coas administracións competentes e os colectivos económicos e sociais da vila mariñeira. Isto é precisamente o que solicitou a Consellería ao Alcalde en novembro cando coñeceron o anteproxecto.

Compromiso que o goberno puido cumprir mediante a presentación do anteproxecto nas distintas reunións que se celebraron en novembro e nas que quedou moi patente que o proxecto xerou un amplo consenso entre os veciños e veciñas de Portonovo.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault