Concello de Sanxenxo - Comezan os traballos previos á instalación do club de piragüismo modular temporal
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Onte comezaban os traballos previos á instalación do club de piragüismo modular temporal, que se situará na praia de Baltar.

Para iso, o primeiro que se fará será, de acordo co Colectivo Ecoloxista do Salnés, trasplantar as especies dunares protexidas para a súa conservación e recuperación. Algunhas destas especies son Pancratium maritimun ou cebola das gaivotas, linaria polygalifolia ou paxariños, romulea clusiana, medicago litoralis, malconia maritima, ou artemisia, entre outras.

A continuación, van desmontar as estruturas existentes que albergan os servizos e se todo transcorre a bo ritmo, a idea é comezar coa cimentación que servirá como base do novo club a próxima semana.

As instalacións do novo club terán unha superficie de 294 m2 e está formado por 2 naves de 23,50m. de longo, por 12,50m. de ancho e unha altura máxima de 4,90m. As naves contarán con dúas portas de 1,60m., para embarcacións e outras dúas de 0,90 m para peóns. Inclúen un almacén para 104 embarcacións, 70 K-1, 28 k-2 ou 6 K-4. Ademais, un ximnasio, un local de instalacións, vestiarios feminino e masculino, aseos e un segundo almacén máis pequeno.

O acceso ao novo club farase pola rampla de formigón que xa hai para acceder á praia, e o exterior vaise revestir cunha celosía de listóns verticais de madeira natural para reducir o impacto visual e mellorar a integración do edificio na súa contorna.

Vaise instalar un valado lixeiro de madeira natural xunto á pasarela de madeira para protexer a vexetación dunar e tamén se vai a restaurar as zonas de duna próximas que están degradadas.

0
0
0
s2sdefault