Concello de Sanxenxo - A Xunta licita as obras de instalación de iluminación na estrada PO-308 entre Soutullo e Portonovo, por un investimento de case 614.000€
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Santiago de Compostela a 25 de marzo de 2019. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación das obras de instalación de iluminación na estrada PO-308, cun investimento de case 614.000 euros.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de abril.

 O proxecto contempla a instalación de farois e a conexión do alumeado no treito entre Soutullo e Major, no tramo da senda finalizada no pasado verán.
 Tamén se realizará a colocación de alumeado pola marxe esquerda da estrada, entre Major e Portonovo, que deberá coordinarse co proxecto da senda peonil e ciclista.
 As luminarias son de tipo led regulables e permitirán reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello.
 Ademais, colocaranse farois para a iluminación diferenciada nos pasos de peóns co fin de facilitar a súa visibilidade.

Esta actuación levarase a cabo no treito desta vía autonómica comprendido entre o p.q.19+690 e o 25+200.

No seguinte plano amósase o tramo da estrada na que se instalará o sistema de iluminación descrito.

 

mapa sanxenxo

 

0
0
0
s2sdefault