Concello de Sanxenxo - O CONCURSO DE MAIOS ABRIU A II EDICIÓN DO SANXENXO FALA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A segunda edición de Sanxenxo Fala chegou  novamente da man do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxoco tradicional “Concurso de Maios”, queeste ano contou coaparticipación de: CEIP  FLORIDA,Asociación culturalMAR DE FONDO, que participa con dous grupos: infantil e adultos.  Repartíronse 500€ en premios:

  • 1º premio (250€): ASOCIACIÓN CULTURAL MAR DE FONDO (Infantil).
  • 2º premio (150€): ASOCIACIÓN CULTURAL MAR DE FONDO (Adultos).
  • 3ª premio(100€): ANPA A FLORIDA.

Todos os participantes recibirán 50€ de accésit.

O programa Sanxenxo Fala xurde para promover o uso da lingua e cultura  galega, dando visibilidade a todas as actividades que se levan a cabo neste senso no concello “é moi importanteun traballo en equipo  que  una recursos, ideas e, sobre todo obxectivos, neste senso. De feito,  a valoración realizada pola organización na primeira ediciónfai que nesta ocasión, contemplando as aportacións de todas as agrupacións se enriqueza”.

Precisamente dende a Concellería de Educación Cultura e Xuventude xunto con 13 colectivos culturais: CCD SANXENXO, RETESIAS DE PORTONOVO, SOALLEIRA DE DORRÓN, ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA ABIÑADOIRA, OLLARES DE PORTONOVO, LEMBRANZAS DE PORTONOVO, OS GATIÑOS DE PORTONOVO, ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE DORRÓN, CORO PARROQUIAL DE NOALLA, NEEN@S, CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA ADINA  DE PORTONOVO, OS CRUCEIROS DE VILALONGA E AIRIÑOS DA LANZADA, están ultimando os  detalles do que vai ser a II edición do Sanxenxo Fala. Unha programación que será presentada nestes días, e  que este ano, con motivo do cambio de data para a realización da Festa da Raia e da celebración das eleccións municipais prolongarase ata o 16 de xuño.

 

0
0
0
s2sdefault