Concello de Sanxenxo - O goberno recupera o acceso peonil desde Outeiro á estrada provincial como alternativa á escaleira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un total de 360 m2 foron cedidos por 6 veciños de Outeiro para poder abrir o acceso peonil que levan máis de 5 anos reclamando.

Ata agora os veciños e veciñas de Dorrón víanse obrigados a dar un rodeo de máis de 500 m, e subir unha rampa cunha pendente considerable, ou unhas escaleiras metálicas con moito desnivel, para acceder desde o núcleo de O Outeiro á estrada provincial. E é que coas obras de mellora deste vial construíuse un muro de contención que supuxo a supresión dunha senda peonil que era empregada para ir camiñando ao colexio ou á igrexa, por exemplo.

Agora grazas ás cesións de veciños e veciñas foi posible habilitar un camiño peonil para facilitar este acceso, pero sobre todo para mellorar a seguridade das persoas usuarias do mesmo, xa que desta forma non terán que camiñar polo mesmo viario que circulan os coches.

Para que puidera ser unha realidade, redactouse un proxecto, valorado en 48.112€, e que contemplaba os traballos realizados. Consistentes na escavación dos terreos, o recheo e regularización, a cimentación con formigón e soleira de 15cm e por último a colocación dun borde de formigón prefabricado e unha varanda de madeira.

0
0
0
s2sdefault