Concello de Sanxenxo - O Alcalde firma na notaría de Sanxenxo a escritura de compra-venda dunha parcela de 166 m2 xunto ao parque e a Praia de Panadeira
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A operación supón un custo de 102.875€, entre a compra e a construción dun novo muro.

O venres pola tarde o Alcalde asinou na notaría de Sanxenxo a escritura de compra dunha parcela de 166 m2 que permitirá mellorar os accesos á praia de Panadeira.

Hai tempo, desde que se iniciou a mellora do parque Panadeira, que o goberno viña barallando a adquisición dunha zona verde xunto ao parque e a Praia de Panadeira. Neste senso, pasado 11 de abril unha resolución do alcalde iniciou a apertura do expediente para a compra dunha parcela de 166 m2 calificada no PXOM como Zona Verde 57. Achégase plano catastral da parcela.

O expediente inclúe un informe do arquitecto municipal do 20 de maio cunha valoración da parcela en 86.403 €. Ademais dun orzamento para a demolición do muro que ten e a construción dun novo por importe 16.472 €.

O expediente conta tamén cun informe do interventor do 21 de maio no que informa que ao non superar a compra o 10% dos recursos ordinarios do orzamento corresponde ao Alcalde a competencia (artigo 21. 1 da Lei de Réxime Local) para a adquisición da parcela mediante un convenio cos propietarios.

Hai outras parcelas en distintos puntos do concello que foron calificadas como zona verde no PXOM de 2003, pero que son de titularidade privada. O goberno ten a intención de xestionar operacións similares á de hoxe, que permitan incorporar ao patrimonio público espazos que van contribuír a mellorar a accesibilidade e o lecer da veciñanza de Sanxenxo.

 

0
0
0
s2sdefault