Concello de Sanxenxo - Última sesión do Consello de Igualdade
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O mércores 23 de maio tivo lugar a última sesión do Consello de Igualdade Interdepartamental do Concello de Sanxenxo.

Nesta reunión, á que coma sempre acudiu a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Silvia Freire, fíxose un balance das accións tomadas por parte dos diferentes departamentos do Concello con respecto ao tema da igualdade, os efectos surtidos despois da concienciación e sensibilización que transmitiu este IV Plan de Igualdade e, sacáronse as conclusións dos avances feitos neste senso polo Concello de Sanxenxo, en concreto pola Concellería de Servizos Sociais, que está totalmente implicada na consecución da igualdade e quere conseguir que Sanxenxo sexa un referente nesta materia.

Realizáronse exercicios grupais de análise da linguaxe e o tratamento de imaxes sexistas que visualizamos a diario nos medios de comunicación. Este tipo de cousas que non deberían ocorrer, a lo menos, en ningunha administración pública, así pois, facilitáronse unhas guías elaboradas por expertos e de acceso para todo o mundo en internet, para ter en conta á hora de comunicarnos desde o Concello.

Silvia Freire destacou que se sinte moi satisfeita polos resultados obtidos nas diferentes reunións, pola implicación das traballadoras e traballadores e espera continuar a levar a cabo as accións descritas no IV Plan de Igualdade para seguir avanzando por e para a igualdade.

 

 

0
0
0
s2sdefault